Back to the top

Cartel

⚠️AS NOITES DE CAUDAL FEST: CICLO ADIADO / APLAZADO ⚠️

Debido as novas restriccións establecidas por Sanidade, e pola situación de risco actual na cidade, en colaboración co Concello de Lugo vimos de pospoñer o ciclo de concertos seguros #AsNoitesDeCaudalFest. Estamos a traballar nas novas datas, para as cales as entradas xa mercadas serán válidas, e en breve esperamos poder anuncialas.

Agradecemos a paciencia e a comprensión de todo o público asistente, o voso apoio e o do Concello de Lugo nestes momentos, e o traballo das bandas e traballadores que fan posible este tipo de concertos (#CulturaSegura). Esperamos vervos nas novas datas desfrutando unha vez máis da cultura e da marabillosa cidade de Lugo. Grazas!

Entradas para As Noites de Caudal Fest

CF20-noites - Cabeceros web - Hard GZ
CF20-noites - Cabeceros web - Ana Guerra
CF20-noites - Cabeceros web - David Prado
CF20-noites - Cabeceros web - Maialen
CF20-noites - Cabeceros web - Martita de Grana
CF20-noites - Cabeceros web - Amaral
CF20-noites - Cabeceros web - Dorian
CF20-noites - Cabeceros web - Holywater
CF20-noites - Cabeceros web - Izal
CF20-noites - Cabeceros web - Ortiga
CF20-noites - Cabeceros web - M-clan
CF20-noites - Cabeceros web - Baiuca

  • Son entradas individuais para cada concerto, non existe ningún abono que inclúa varios concertos.
  • Os concertos realízanse con asentos asignados previamente, con distancia de 1.5m entre asentos e uso da máscara en todo momento. Á hora de mercar as entradas pódese elixir que asentos escoller, como se fose o cine ou un teatro.
  • Son entradas nominativas e pidese os datos de cada asistente para poder contactar coas persoas en caso de necesidade.
  • Un mesmo comprador poderá mercar un máximo de 8 entradas por persoa pero deberá indicar os nomes e apelidos de cada persoa por separado.
  • Seguirase a normativa para poder asegurarse concertos seguros e controlados con acomodación escalonada e con antelación, diferentes fluxos de xente, desinfección antes e despois dos concertos. Recomendamos consultar todas as medidas de prevención aquí.
  • Poderanse xuntar os asentos in situ no caso de persoas convivintes seguindo a normativa vixente.
  • Menores de 16 con autorización firmada por pai/nai/titor legal e acompañados por un adulto responsable. Menores con 16 e 17 anos deben acceder cunha autorización firmada por pai/nai/titor legal. Autorización dispoñible na sección de compra de cada concerto.

CF20-Pah-1141x348-100

As Noites de Caudal Fest: concertos seguros en Lugo

CF20-Noites-Lista conciertos-prevencion

Medidas de prevención

Rio Miño Caudal fest panorámica

RÍO MIÑO, EL ALMA DEL CAUDAL FEST

Termas Romanas Caudal Fest

El legado romano de Lucus Augusti

© CaudalFest 2019 - contacto@caudalfest.es