Río Miño, o alma do Caudal Fest.

A escasos metros do recinto de concertos encontrase un dos tesouros da cidade lucense.

O 21 e 22 de setembro Lugo acollerá o Caudal Fest nun espazo privilexiado e único: a contorna do río Miño. Unha zona verde, fluvial e de natureza pura que fai que este festival goce dun atractivo ambiental especial.

A palabra latina Lucus, da que deriva Lugo, fai referencia ao bosque sacro en torno ao que se construíu a cidade segundo a lenda. Este espazo singular non se entende sen o río Miño, venerado como un pai ata a actualidade. Este símbolo de Galicia nace de forma tranquila na serra de Meira e percorre  apaciblemente paraxes espectaculares como o é Lugo, a cidade máis antiga de Galicia e cun poderoso legado romano Patrimonio da Humanidade.

Deporte Caudal Fest

Á súa chegada á cidade, o pai Miño ofrece a visitantes e habitantes por igual un ambiente natural sorprendente conformado por diferentes ecosistemas entre os que se atopan bosques de ribeira. As suas mansas augas, á súa vez, permiten a práctica de diferentes deportes acuáticos como piragüismo, ou realizar paseos fluviais a bordo de distintos tipos de embarcacións. Sen afastarnos da capital, por ambas as marxes do río Miño en dirección a Ombreiro ou Orbazai, sendas de terra e camiños con piso de madeira introdúcennos en bosques de castiñeiros ou claros de praderías ao longo de varios quilómetros.

Actividade Recomendada río Miño

O parque fluvial de Lugo esténdese en paseos, carreiros e pasarelas que enlazan entre si os recursos naturais e culturais vinculados ao río. Un bo lugar de partida, a poucos minutos de Lugo, é o Centro de Interpretación Terras do Miño na ribeira do río Fervedoira. O paseo pola beira desta pequena canle enlaza coa marxe esquerda do Miño recuperado como unha estupenda área de lecer da cidade.

No Centro de Interpretación atoparemos toda a información sobre o patrimonio natural e etnográfico que ao desprazarnos polo paseo poderemos ver en directo: as illas do río, algunhas con pasarelas de acceso; os «caneiros«: numerosas presas baixas dedicadas ás famosas «pesqueiras» -muros de pedra construídos para a pesca de anguía do Miño-; ou ferrerías como o Mazo de Santa Comba.

Rio Miño Caudal Fest

¿Queres disfrutar da música a orillas do río Miño?

Compra a túa entrada aquí.

Descubre Lugo