A segunda edición do Caudal Fest péchase cun récord de asistencia total de 32.758 asistentes ao longo dos seus días, mantendo así o seu status como un dos principais festivais de Galicia e a gran festa de fin do verán para todos os festivaleiros de España e para os amantes do turismo e a boa música.

Primeiramente, queremos agradecer a inestimable axuda do Concello de Lugo, sen a cal o festival non sería posible, e grazas á cal o festival vén de convertir Lugo nunha cita anual de visita obrigada para os amantes da música.

Tamén gustaríanos darlle as grazas a todos os nosos patrocinadores públicos e privados, aos medios de prensa colaboradores, ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a todo o equipo de traballo de Bring The Noise que fixo posible a realización deste evento ao longo de todo o ano, a todo o pobo lucense pola súa acollida e sobre todo, a todos vós por confiar unha vez máis no noso festival.

Agardámosvos a todos o ano que vén en Lugo. Vémonos no Caudal Fest!

gracias

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *