Back to the top

Como chegar

Ubicación do recinto

Neste mapa atoparás toda a información que necesitas para chegar ao Caudal Fest. Dende a localización do acceso principal ata os aparcadoiros, pasando polas paradas das lanzadeiras de autobuses gratuítos e o recinto de concertos.

O concello de Lugo facilitará un servizo gratuíto e bidireccional de lanzadeira de autobuses dende a Praza de Bretaña ao festival durante ambas as xornadas. A iniciativa ten o obxectivo de que os asistentes poidan asistir ao festival dunha forma cómoda e segura.

Días Hora inicio Hora fin*
Venres 21 18:00 4:00
Sábado 22 14:00 4:00

* Hora do último traxecto dende o recinto ao centro.

A frecuencia habitual será de 15 minutos.

Nos picos de afluencia aumentarase dito servizo.

O punto de partida é a parada de autobús da Praza de Bretaña e o de destino é a parada de autobús de a  Av. dos Deportes, fronte ao aparcadoiro do Anxo Carro.

Taxi: haberá unha zona reservada para taxis despois da zona de bus.

© CaudalFest 2019 - contacto@caudalfest.es