Back to the top

Prensa

O proceso de solicitude de acreditacións para o Caudal Fest 2018 estará aberto dende o 5 de setembro ata o 19 de setembro. Se a túa solicitude é finalmente aceptada, recibirás a confirmación ao cabo dun tempo a través do correo electrónico que nos facilites no formulario.

Para poder acreditarte como medio de comunicación no festival é necesario que expliques a cobertura que levarás a cabo, que achegues publicacións previas ou que xustifiques ter traballado antes connosco.

Agradecémosche que nos envíes todos os artigos e gravacións que publicases ou o vaias a facer dentro deste artigo. Terán prioridade os medios que teñan dado unha maior cobertura ao festival durante os meses previos.

A organización facilitará toda a programación do festival cos horarios e as actividades programadas. As acreditacións entregaranse durante o transcurso do festival, os días 21 e 22 de setembro, e para retiralas será necesario que presentes o teu DNI.

Email de contacto: prensa@caudalfest.es.

Número de acreditacións por medio:

  • Prensa: máx. 2 acreditacións por medio.
  • Televisión: máx. 3 acreditacións por medio.
  • Radio: máx. 1 acreditación por medio.
  • Online: máx. 2 acreditacións por medio.

NOTA: Hase de cubrir o formulario tantas veces como persoas acreditadas correspondan.

Normas:

A acreditación de prensa non dará acceso a camerinos de artistas ou as zonas exclusivas para persoal da organización.

A prensa acreditada só pode captar e/ou gravar imaxes nos espazos habilitados nos escenarios dos que dispón o recinto.

A organización resérvase o dereito de retirar a acreditación ás persoas acreditadas que incumpran as normas anteriormente citadas.

© CaudalFest 2019 - contacto@caudalfest.es